Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O coruñés Isaac Xubín faise co premio literario “Os Viadutos”

RR_Noticias

O primeiro premio está dotado con 1.200 euros. O xurado do certame de relatos curtos tamén recoñeceu os traballos de Pedro Feijóo Barreiro “O segredo do viaduto” e Alberto Rodríguez “Contradanza para dous coellos”.

O xa tradicional concurso literario de relatos curtos en galego “Os Viadutos” ten este ano como gañador ó filólogo coruñés Isaac Xubín, que se fixo cos 1.200 euros do premio, recoñecemento que se suma á publicación da obra presentada, titulada “Lle pied de Julien Dupuy”. O conto premiado narra as vivencias de tres persoas en Francia, en tres relatos diferentes que se unen co pano de fondo que é o deporte do rubgi”. O xurado da presente edición tamén recoñeceu os traballos de Pedro Feijóo Barreiro “O segredo do viaduto” e Alberto Rodríguez “Contradanza para dous coellos”.
A entrega de premios deste prestixioso concurso literario para mozos tivo lugar a pasada fin de semana, coa asistencia de Luís García Mañá, académico da Real Academia Galega e xefe de Policía de Galicia, Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, o alcalde Javier Bas e o concelleiro de Cultura Alberto Pazos. O acto, celebrado na Casa da Torre de Redondela, contou coa actuación da mestra de violín Natalia Soltan.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará