Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha páxina web preto dos cidadáns

RR_Noticias

O Concello de Redondela ven de renovar a súa páxina oficial en internet cun deseño máis moderno e simple. Na actualidade ofrece información municipal e a opción de descargar formularios da web, e o obxectivo é que o próximo ano ofreza tamén a posibilidade de facer trámites administrativos a través da rede.

Redondela está na rede cunha nova imaxe oficial, a que ofrece a páxina web do Concello. O recente cambio de goberno supuxo tamén a renovación desta ferramenta en internet, que cambia no fondo e na forma. Ofrece o azul como cor predominante e unha nova organización dos contidos. O obxectivo, segundo explicaba Jesús Crespo, concelleiro de Novas Tecnoloxías, é ofrecer un páxina “máis clara e accesible” para os usuarios. O enderezo www.redondela.es ábrese agora cun “saúdo” do alcalde Javier Bas seguido das novas da localidade. Inclúe ligazóns á distintas áreas da corporación, ordenanzas e regulamentos, e outras informacións do Concello, ademais do contacto con todos os departamentos municipais. Inclúe tamén eventos de actualidade e un acceso directoá área de Recadación. Este é “un primeiro paso”, segundo Olalla Casanova, coordinadora municipal de Novas Tecnoloxías , xa que está previsto que ó longo do próximo ano 2012 os veciños poidan tamén facer a través da rede os seus trámites administrativos co Concello. Por outra banda desde Novas Tecnoloxías convidan tamén a todos os usuarios a utilizar esta ferramenta e achegar ó departamento calquera dúbida ou suxestión sobre a páxina web.  

Jesús Crespo concelleiro de Novas Tecnoloxías
Crespo agarda que esta ferramente sexa útil para os veciños.
Olalla Casanova coordinadora Novas Tecnoloxías
A partires de 2012 a páxina web ofrecerá máis contidos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará