Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR organiza o I torneo Vila de Redondela de balonmán

RR_Noticias

Catro equipos de primeira nacional disputan esta fin de semana no Pavillón o torneo Vila de Redondela con presenza dos equipos de balonmán de O Porriño, Paraxe Construcciones Chapela, o equipo Corrales de Santander e como anfitrións a SAR Plastic Omnium.

Os partidos arrancarán ás seis da tarde do sábado co encontro entre a Sar e o Corrales e xa as 20:00 horas disputarase o partido entre o Porriño e o Chapela.
A bomboneira acollera na mañá do domingo os encontros nos que se decidirán o 3º e 4º posto ás 10:30 horas e a gran final que enfrontará aos gañadores do día anterior ás 12:30 horas.
A directiva da SAR que preside Aurelio Krook “Lito” prepara ademais un segundo torneo feminino que se disputará os días 17 e 18 de setembro.
Un torneo organizado pola SAR e Concello de Redondela en colaboración coa Federacion Galega de balonmán e Eroski center Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará