Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os servizos xurídicos declaran ilegal o mercado tradicional de Vilar

RR_Noticias

A feira que a asociación veciñal San Martiño de Vilar tiña previsto inaugurar o vindeiro día 10 de setembro non poderá celebrarse logo de que os servizos xurídicos do Concello emitiran un informe negativo por entender que non se respectaba a normativa municipal existente para a celebración deste tipo de actividades.

Así o explicaba a concelleira de participación cidadá, Herminda Quelle, quen ten previsto reunirse en días vindeiros cos promotores da iniciativa para estudar posibles alternativas ou modificacións que permitan a celebración deste mercado. A pesar das críticas emitidas dende a Asociación de Empresarios, que no seu día se manifestaban en contra desta feira por entender que suporía maior competencia para os comercios do municipio, dende o Concello queren deixar claro que non se posicionan nin a favor nin en contra da actividade pero que de celebrarse terá que ser con todos os informes favorables. Os promotores da iniciativa tiñan prevista a participación dun total de 36 postos nos que os feirantes ofertarían todo tipo de produtos que van dende a alimentación ata a maquinaria agrícola, pasando polo téxtil e o calzado. Unha iniciativa que polo de agora queda no caixón á espera de que se introduzan cambios na súa organización.  

Herminda Quelle Participación Cidadá
Un informe negativo dos servizos xurídicos
Posicionamento do Concello
NIn a favor nin en conttra pero que cumpra a legalidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará