Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas solicita á Conselleira de Traballo á creación dunha nova escola infantil

RR_Noticias

O alcalde, Javier Bas, e a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantiveron unha reunión na primeira visita oficial da Conselleira de Traballo a Redondela. Nesta reunión o alcalde solicitou a creación dunha Bolsa local de emprego e presentoulle á Consellería un Plan Integral de Emprego.

O concello e a Consellería de Traballo e Benestar manterán unha reunión coa Dirección Xeral de Formación para estudar e concretar a creación da Bolsa de Emprego. O Plan integral de Emprego será levado á concurrencia competitiva para ser baremada. Mato afirmou na súa visita que no ano 2011 produciuse un incremento do 53% nas axudas para a contratación na cidade de Redondela. Aumento que permitirá ao concello contratar a 43 traballadores, 16 máis que o ano pasado. Entre as actividades que realizaran os traballadores estarán a limpeza de praias, reforzo das vías e tarefas de coordinación de voluntariado. Contrataranse tamén 12 persoas para o Grumir e 11 traballadores de salvamento marítimo. O alcalde reclamou ademais a necesidade de servizos como escolas infantís. Ante a petición a Conselleira de Traballo e Benestar afirmou que a posta en marcha de servizos coma escolas é unha peza fundamental do Plan demográfico para solucionar o problema da natalidade en Galicia e confirma que Redondela terá un espazo na planificación de escolas infantís que se fará na provincia de Pontevedra no próximo ano. Na súa visita a Redondela, Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar comentou os datos do paro galego neste mes de agosto. Estes, que aínda non se coñeceran ata que remate o mes, poderían ser algo máis altos que no mes de xullo debido a estacionalidade do mes de agosto, segundo apuntou a responsable da Consellería de Traballo e Benestar. Durante este ano a Consellería de Traballo e Benestar invertirá en Redondela case un millón de euros en materia social. Ademais tanto o alcalde, Javier Bas, como a representante da Conselleria de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recalcaron a necesidade dunha boa colaboración entre Concello e Xunta.

Beatriz Mato escolas
A Conselleira de Traballo e Benestar valora as peticións do alcalde de Redondela
Peticións alcalde
Javier Bas alcalde de Redondela solicita máis servizos para a vila
Beatriz Mato datos paro
A Conselleira de Traballo e Benestar valora os datos do paro do mes de agosto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará