Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O porto do Cesantes pendente da contratación do proxecto da lonxa

RR_Noticias

Jose Juan Durán, presidente de Portos de Galicia, afirmou hoxe na súa visita a Cesantes que contratará de xeito inminente a redacción do proxecto para a nova lonxa de Redondela que a Cofradía reclama para solventar os problemas de operatividade, deixando o porto infrautilizado a pesar do potencial da actividade profesional. Está previsto que as obras comecen a mediados do 2012.

Portos de Galicia manterá un diálogo aberto cos usuarios do porto e a Corporación de Redondela para priorizar a renovación da lonxa. O proxecto priorizará nun primeiro momento a construción dunha nova lonxa, desbotando no plano máis inmediato a creación do dique boiante, que si estaba no Plan de Inversións que Portos de Galicia anunciara no mes de xaneiro, baixo o mandato de Jose Manuel Álvarez Campana.  
A financiación correrá a cargo da Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro como mostra do compromiso co sector profesional e á pesca no porto de Cesantes.
As obras para a nova lonxa comezaránse na segunda metade do ano 2012.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará