Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores de Urbaser estudan novas medidas de presión logo dunha semana en folga

RR_Noticias

Denuncian a decisión do Concello de Soutomaior de crear un “vertedoiro improvisado” nas inmediacións do Campo de fútbol de Salgueirón porque está a “minimizar os efectos da folga e a prexudicar aos traballadores”.

Esta medida, xunto aos servizos mínimos que consideran “abusivos”, están a provocar que logo de sete días de folga por parte dos 25 traballadores que integran o servizo de recollida de lixo nos concellos de Soutomaior, Ponte Caldelas e Vilaboa, practicamente non se noten os efectos do paro. Por este motivo, mañá martes celebrarán unha asemblea na que estudarán novas medidas de presións que previsiblemente pasarán por celebrar concentracións protesta diante dos edificios municipais dos concellos afectados. Denuncian ademais o posicionamento adoptado pola empresa, que lonxe de acceder a abrir unha mesa de negociación, están a adoptar medidas que aínda provocan maior tensión entre a dirección de Urbaser e os seus traballadores. Así, nos últimos días a catro traballadores se lle comunicou a apertura de expedientes sancionadores pro non presentarse ao seu posto de traballo, un comunicado que o representante do sector limpeza de UXT, Carlos Corredoira entende que só busca “intimidalos”. Os traballadores sen folga demandan a negociación dun convenio colectivo que lles permita equiparar os seus salarios cos que estana a cobrar traballadroes da mesma empresa en outros concellos, xa que algúns dos folguistas perciben 740 euros mensuais mentres que os seus homólogos en concellos como o de Redondela reciben 1.100 euros.  

Carlos Corredoira UXT
Un vertedoiro nas inmedicacións do campo de fútbol de Soutomaior
Expedientes abertos
Novas protestas diante dos concellos
Máis distanciamento
Acusan á empresa de estar a provocar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará