Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os “orfos” de San Simón regresan á Illa

RR_Noticias

O obradoiro de estudos locais Fernando Monroy de Cesantes convida aos veciños asistir a unha charla coloquio que terá lugar este sábado en San Simón. No acto participarán os antigos alumnos do fogar de formación que estivo en activo entre os anos 1955 ao 1963.

Algúns dos alumnos que con tan só 12 anos estiveron internados no fogar de formación Méndez Núñez na Illa de San Simón regresarán este sábado ao lugar logo de medio século. Son os homes que entre os anos 1955 e o 1963 pasaron por este centro de formación procedentes de familias con problemas económicos ou incluso orfos co obxectivo de aprender un oficio. Unha parte da historia da illa que practicamente pasou desapercibida nos últimos anos, malia celebrárense alí numerosas actividades que lembraban o seu pasado. Para correxir esta eiva os membros do obradoiro de estudos locais Fernando Monroy de Cesantes decidiron celebrar un acto que terá lugar esta sábado e que contará coa presenza dalgúns ex alumnos do centro, quen relatarán a súa experiencia naqueles tempos. Unha actividade de balde e aberta a todos os que queiran achegarse. Sairá un catamarán ás 18:15 horas dende o peirao de Cesantes con capacidade para 150 persoas.  

Luis Medal Obradoiro de estudos locais
Unha escola de formación
Alumnos de 12 anos en réxime de internado
Os rapaces aprendían un oficio na Illa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará