Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous veciños de Vigo polo roubo dunha embarcación en Chapela

RR_Noticias

Dous mozos de 26 e 24 anos de idade foron detidos na madrugada de hoxe polo roubo dunha embarcación a motor que subtraeron nas inmediacións da empresa Frioya en Chapela e abandonaron unha hora despois na praia de Rande

Os feitos producíronse, segundo información da policía local, ás 3:40 horas da madrugada cando un veciños da zona e un dos vixilantes da empresa decatáronse da presenza de tres mozos que estaban a manipular unha embarcación atracada nas inmediacións da zona na parroquia de Chapela.
Logo de que os mozos puxeran a embarcación en marcha e fuxiran con ela, axentes da policía local e nacional iniciaron as labores de procura pola costa que os levaron ata a praia de Rande, onde atoparon a barca abandonada no areal.
Dous dos mozos, que se deran a fuga, foron localizados minutos despois agochados entre o mato das proximidades. Non así o terceiro implicado no roubo, quen conseguiu fuxir.
A embarcación foi entregada ao seu propietario, Francisco Javier M.. veciño de Chapela, mentres que os mozos foros detidos e trasladados á comisaría de Vigo, lugar no que quedaron á espera de ser postos a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará