Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os rapaces “investigan” a biodiversidade dos bosques de Ventosela

RR_Noticias

Un programa de obradoiros organizados pola asociación de montes de Ventosela e o centro social A Miñoteira serve para que durante cinco mércores consecutivos os cativos participantes coñezan os bosques e montes da contorna. As saídas ao exterior complétanse con obradoiros de elaboración de instrumentos musicais e reciclado de papel.

Ver de preto unha libélula, investigar qué animais se agochan nun anaco de terra á beira dun regato, elaborar papel reciclado con material apañado no propio monte… esas son tan só algunhas das actividades que os rapaces están a experimentar nos obradoiros que organiza a asociación de montes de Ventosela e imparte a Cooperativa Trespés. O obxectivo primordial é trasladarlle aos nenos participantes, de entre seis e doce anos de idade, a necesidade de coidar e preservar os nosos montes e bosques, unha aprendizaxe que se adquire neste caso a través do xogo e o divertimento. Ao logo de cinco mércores consecutivos as actividades de educación ambiental van levando aos cativos a descubrir os distintos tipos de bosque que se atopan na súa contorna e a coñecer tamén a súa biodiversidade. A derradeira cita será o mércores 17.  

Obradoiros en Ventosela
Os pequenos fálannos das actividades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará