Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O escaso uso das bicicletas en Chapela disparaba o seu custo aos 150 euros por servizo

RR_Noticias

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez argumenta que a retirada provisional do servizo de préstamo de bicicletas en Chapela responde a que carece de demanda veciñal. En todo o ano pasado os veciños desta parroquia usaron estes vehículos en tan só 95 ocasións.

O tenente de alcalde e responsable de Medio Ambiente amosou a súa disposición a explicar en comisión informativa os motivos que levaron ao seu departamento a retirar de Chapela o servizo de préstamo de bicicletas, tal e como lle solicitaron días atrás dende o BNG.
Con todo, Alvarez adiantou xa que o motivo principal da retirada das bicicletas de Chapela sería a escasa demanda veciñal existente xa que “no derradeiro trimestre usaronse as bicicletas de Chapela 42 veces, e ao longo do pasado ano usáronse en 95 ocasions”. En custo económico supón que cada “servicio de bicicleta custalle ao concello mais de 150 euros”. Un custo que cualifican de “disparatado” polo que decidiron “retirar o servicio provisionalmente, en tanto non se tome unha decisión definitiva”.
O edil de Medio Ambiente asegura non entender as críticas de Cecilia Pérez Orge sobre as medidas adoptadas polo seu departamento para potenciar o servizo cando “o PP apenas leva dous meses no Goberno”. Pola contra entende Alvarez que habería que preguntarse que fixo o BNG para promover este servizo dende a súa posta en marcha no 2009. Recriminan tamén aos nacionalistas que durante os seus anos no goberno local “non se creara un só metro de carril bici en todo o concello”.
Por último, o concelleiro popular recordoulle á edil nacionalista que “recentemente o Concello de Pontevedra, gobernado por un compañeiro da súa formación, procedeu a eliminar este servicio por non ser sostible” e apunta que “tal vez coñecendo este dato, decida reflexionar sobre as súas declaracións acusando ao PP de privatizar ou eliminar os servicios economicamente non rendibles”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará