Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Futbol Sala Redondela refórzase no seu regreso a terceira autonómica

RR_Noticias

O club está a negociar co adestrador Manuel Gil para tentar este ano pasar menos apuros deportivos. Os malos resultados da pasada tempada deixounos cuartos pola cola na clasificación. De feito, o equipo segue na categoría grazas á renuncia dalgún dos clubs que non poden continuar a militar en terceira autonómica por atravesaren problemas económicos.

Logo de recibir a semana pasada a confirmación de que o equipo seguirá a militar en terceira autonómica, a directiva do equipo está a traballar contrareloxo para tentar completar o cadro de xogadores e sobre todo sentar no banco do adestrador a Manuel Gil. O obxectivo é claro, lograr na vindeira tempada que os resultados deportivos sexan positivos e non repetir a situación deste ano onde tan só unha carambola de última hora permitiu a súa permanencia na categoría, logo de estar oficialmente descendidos a Provincial. A primeira das citas do equipo será nun partido amigable o vindeiros 18 de agosto na pista da Xunqueira. Medirán o seu estado de forma contra o Dínamo de Moscú que adestra o español Tino Pérez.  

uan Manuel Nogueira F.S. Redondela
Retorno a Autonómica Sur
Cambio de adestrador
O obxectivo é contar con Manuel Gil
Dínamo de Moscú
Os de Redondela mediranse cos moscovitas o día 18

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará