Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que se elimine o servizo de préstamo de bicis en Chapela

RR_Noticias

Solicitan ao goberno local que convoque a comisión de Medio Ambiente para que o seu responsable dea información dos motivos que levaron a este departamento a eliminar un servizo posto en marcha no ano 2009. Acusan ao PP de eliminar un servizo público polo mero feiro de “non ser rendible economicamente”.

Concretamente dende o bloque demandan información sobre o número de usuarios que empregou este serivzo de bicicletas nos últimos tres meses, as medidas que o novo goberno puxo en marcha para potenciar este servizo e o uso que se lle vai dar ao material retirado da rúa.
Acusan ademais ao goberno local de non aportar novas propostas ao ámbito municpal e limitarse pola contra ou ben a xestionar proxecto postos en marcha polo anterior goberno ou a eliminar un servizo público polo mero feito de “non ser rendible economicamente”.
O servizo de préstamo de bicicletas comezara a funcionar no ano 2009 logo dun acordo entre o concello e o UNEGA e o seu obxectivo principal era potenciar o seu uso como medio de transporte urbano.
A concellería de medio ambiente que preside miguel Angel Álvarez, decidiu retirar as bicicletas de Chapela pola falta de uso que se facía deste servizo. Ao manter tan só as bases que se atopan no centro de Redondela e na praia de Cesantes o custe redúcese dos 28.000 euros anuais a 13.000.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará