Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rutas autoguiadas polo Casco vello da vila

RR_Noticias

Dende a Caseta de turismo de Redondela promoven este tipo de visitas que convidan ao visitante a percorrer a pé a zona vella con paradas nos exemplos máis salientables da arquitectura civil e relixiosa do Concello. Con todo, a pregunta máis escoitada polas traballadoras da caseta fai referencia á Illa de San Simón.

As visitas continúan en Redondela nos meses de verán. Aínda que non sexa un concello turístico, si son moitos os que se achegan á nosa vila sobre todo nestas datas estivais procedentes ben de concellos próximos ou de lugares tan dispares como Portugal, Madrid ou Alemaña. De feito, son os xermanos os que máis chaman a atención das persoas que traballan na Caseta de Turismo de Redondela polo elevado número de visitantes procedentes deste pais, que chegan ao noso concello, en moitos casos porque están a realizar o camiño portugués, unha ruta moi promovida no seu pais de orixe segundo nos explicaba a licenciada en turismo Marta González. A pregunta máis escoitada é sempre a mesma: como ir á San Simón. A illa segue a ser un atractivo turístico sen discusión. Son moitos os que chegan xa sabendo da súa existencia e interesándose polo que este espazo oferta ou en último caso, en como visitalo. Unha visita que pasa por contratar unha das viaxes que organiza Viaxes Loa a un prezo de doce euros por persoa. E como non, ante o mal tempo vivido en toda a comarca tanto no mes de xullo como na primeira semana deste mes de agosto  é necesario buscar alternativas porque son moitos os que chegan con intención de visitar os areais e darse un chapuzón, algo que ultimamente non está a ser unha boa opción E ante esta situación adversa as alternativas pasan por ir ao monte de A Peneda, por percorrer o paseo peonil da Portela, visitar o Monte Penide e os seus xacementos arqueolóxicos ou, se o visitante dispón de pouco tempo e carece de medio de transporte outra alternativa interesante é visitar o casco vello e coñecer a arquitectura civil e relixiosa do lugar . O cemiterio dos Eidos, a Igrexa de Santiago, os soportais da praza do leite e como non, o elementos máis chamativos para propios e foráneos, os viadutos Material practico como mapas ou planos pódense solicitar na propia caseta de turismo, onde tamén informan ao visitante de actividades festivas e culturais.  

Illa de San Simón
O maior interese está en visitar a Illa
Rua autoguiada
As alternativas no concello son moitas e variadas
Marta González caseta de turismo
Un turismo familiar procedente de diferente puntos do estado e tamén de fora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará