Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vixilancia extra para evitar o marisqueo furtivo

RR_Noticias

A Confraría de Redondela ten contratados ata o vindeiro 15 de setembro a dous vixilantes, que veñen reforzar o traballo que realizan as propias mariscadoras co gallo de evitar a acción dos furtivos, cuxa actividade adoita incrementarse nesta época de verán. Unha medida custosa economicamente pero que o patrón maior, Clemente Bastos, entende necesaria para evitar que furtivos e bañistas esquilmen os bancos marisqueiros.

A decisión de contratar vixilancia privada súmase a outras medidas xa implementadas en anos anteriores como a colocación de carteis coa lenda “non comer marisco sen depurar. Perigo sanitario” que dende o ano pasado se poden ver na praia de Cesantes. Con campañas como esta tentan eliminar unha práctica común entre moitos veraneantes, que aproveitan a súa visita aos areais para recoller marisco que consomen sen depurar incluso na propia praia. Esta práctica supón un dobre problema, por unha banda o estrictamente sanitario xa que o consumo do marisco sen pasar previamente pola depuradora pode levar consigo consecuencias sanitarias, pero tamén supón esquilmar os recursos marisqueiros. De feito, son as actuación dos furtivos o que máis preocupa aos membros da confraría motivo polo que dende o 15 de xullo e ata o 15 de setembro os vixilantes contratados completarán o labor disuasorio que adoitan facer as propias mariscadoras.  

Clemente Bastos patrón maior
Unha medida encamiñada a impedir o marisqueo furtivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará