Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP solicita a rehabilitación do viaduto Madrid

RR_Noticias

Os deputados populares anunciaron a presentación dunha proposición non de lei no Parlamento galego a través da cal se pide ao Goberno central a realización inmediata das obras de rehabilitación e posta en valor do viaduto de Madrid.

O parlamentario popular Pedro Puy suliñou as diferente medidas que se poden levar a cabo no municipio para a súa promoción a nivel turístico e cultural. Partindo da base do seu atractivo como lugar de paso do Camiño Portugués, afirmou que o noso concello tamén ten outros moitos atractivos que se poden explotar, como a ruta da auga que a une con Vigo ao longo de toda a ría, a tradicional Festa dá Coca, os seus viadutos e a mesma illa de San Simón.
O portavoz popular anunciou ao alcalde Javier Bas a presentación dunha proposición non de lei, asinada pola deputada redondelá Lorena López, a través da que se insta ao Goberno central para que impulse a tramitación administrativa pertinente e dea prioridade os labores necesarios para acometer inmediatamente as obras de rehabilitación e posta en valor do viaduto antigo de Redondela.
Na proposición non de lei destácase tamén o perigo que supón a falta de mantemento da infraestrutura que está a provocar unha “grave deterioración o que contrasta coa protección que lle dispensa a normativa vixente en materia de patrimonio”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará