Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica a “incoherencia” da Agrupación de Electores

RR_Noticias

A abstención do único concelleiro de AER, Jorge Varela “Chopi” na sesión plenaria de onte permitiu aprobar unha moción dos populares na que se lle pide ao Ministerio de Fomento que dea prioridade á alternativa 11 para comunicar a futura A-57 con Peinador, en detrimento da alternativa 5. Detrás da abstención os nacionalistas ven un “acordo entre AER e PP para sacar adiante a moción”.

A voceira do BNG, Cecilia Pérez Orge, cualifica de “incoherente” a decisión de voto do edil de AER. Explica a nacionalista que non ten sentido que “logo de manifestar o seu posicionamento en contra da construción de calquera autovía, Jorge Varela non vote en contra dun punto onde os populares reclaman de Fomento que aposte pola contrución da alternativa 11”. De feito, a abstención neste punto fixo posible que a moción do PP prosperase co voto de calidade do alcalde, xa que tanto PSOE como BNG votaran en contra. Pérez Orge explica que, ao seu entender, a postura do representante de AER ven verificar que existía unha negociación e un acordo previo entre ambas as dúas formacións.  

Cecilia Pérez Orge BNG
Críticas á abstención de AER

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará