Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Once espectáculos internacionais no XII festival de Artistas de Rúa

RR_Noticias

A Alameda de Redondela acolle esta fin de semana as actuacións enmarcadas dentro do festival internacional de Artistas de rúa con espectáculos para todos os públicos que pasan pola maxia procedente de Cuba, a música de Bulgaria, os malabaristas de Arxentina ou o teatro galego.

Unhas actuacións que arrancarán ás 20:30 horas do venres coa agrupación teatro de Ningures e a súa orixinal proposta “Os cómicos Dell’Auto”. Trátase dun espectáculo ambulante de rúa que, tal e como nos explicaba o director do Festival Luís Crespo, desenvólvese ao redor dun vello autobús. Trátase dun vehículo de transporte de animais e persoas que se empregaba para ir ás feiras nos anos 20 e 30 e que serve aos cómicos para se desprazaren pero tamén como elemento importante do propio espectáculo. Na mesma xornada do venres haberá tamén música co búlgaro Alexander Tozo ou o colombiano Guillermo Jacobe. Soará tamén a percusión de Doctor Bucketman e xa para rematar a xornada a quenda será para o arxentino Nanny Cogorno. As actuacións continuarán o sábado coa especial presenza de Hiltoff, un showman andaluz merecedor o ano pasado do primeiro premio no festival Festiclown. Os números circense nesa xornada correrán a cargo de Los Estrambóticos chegados dende Arxentina co seu espectáculo Olímpicus  

Luis Crespo Artistas de Rúa
Un festival para todos os públicos
Pratos fortes
Actuacións de relevania internacional

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará