Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A protección da enseada de San Simón a debate na Casa da Cultura

RR_Noticias

Este venres remata o prazo de presentación de propostas ao Plan Director publicado pola Consellería de Medio Rural e no que se establecen os espazos incluídos na Rede Natura, entre os que atopamos a Enseada de San Simón como Lugar de Interese Comunitario (LIC). Dende o BNG organízase unha charla o mércores ás 20:00 horas na casa da Cultura para informar aos veciños deste proceso e das súas implicacións e consecuencias.

Alfredo López, presidente da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños -CEMMA- explicará aos asistentes a esta charla o contido do Plan Director da Rede Natura 2000. Un extenso documento no que se recollen os espazos susceptibles de formar parte do proxecto e polo tanto de recibir unha maior protección medioambiental por parte da administración e cuxo prazo de presentación de propostas remata este mesmo venres. Dentro dos espazos a protexer como Lugares de Interese Comunitario, atópase a Enseada de San Simón, lugar que presenta unha peculiaridade específica xa que é a lámina de auga a que está protexida o cal non implica que no seu litoral se poida instalar calquera empresa ou calquera actividade fora das recoñecidas como tradicionais. O acto informativo está convocado polo BNG, formación que defende que se aumente o nivel de protección de San Simón para preservar a enseada de ameazas e construccións que afecten o seu futuro. Por este motivo convocan a todos os veciños, asociacións e colectivos a achegarse a este acto que terá lugar na Casa da Cultura o mércores 27 ás 20:00 horas.  

Alfredo López director do CEMMA
Explica para que serve a Rede Natura
Especificidade da Enseada
A enseada de San Simón presenta unhas peculiaridades específicas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará