Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Menos imprudencias ao volante, máis puntos

RR_Noticias

Cando se cumpren cinco anos da entrada en vigor do carné de conducir por puntos, os veciños de Redondela comparten a idea de que serviu para reducir as infraccións nas estradas. A explicación non é que os condutores se volveran máis responsables ao volante, senón que teñen máis “medo” a ser sancionados e perder puntos. Segundo a DXT o 79% das sancións foron cometidas por homes, mentres que tan só o 21% corresponden a mulleres.

Este mes cúmprense cinco anos da entrada en vigor do carné por puntos. Neste lustro só un 16% dos condutores perderon algún punto do seu permiso por cometer infraccións. O que é o mesmo que dicir que o 84% conservan todos. A Dirección Xeral de Tráfico puxo en marcha este sistema de puntos para penalizase as infraccións de tráfico co obxectivo de acabar coa impunidade dos reincidentes comúns, e de paso, “meter o medo no corpo” ao resto de condutores. Segundo Tráfico o carné por punto provocou cambios no comportamento dos condutores, e permitiu un descenso nos accidentes e as vítimas mortais desde 2006. En Redondela a maioría dos veciños comparte esta opinión. Entenden que o carné por puntos fixo ós condutores máis responsables na estrada, aínda que só sexa polo “medo” a unha sanción. A sociedade advirte que os condutores cometen menos infraccións nas estradas, pero só para evitar a multa económica e a retirada de puntos. Algúns, como Nacho, advirten que polo xeral os condutores “van máis pendentes dos radares que do tráfico”. O maior temor que impuña o sistema de carné por puntos era a perda total, o período de retirada de carné imposto e a obrigatoria realización dun curso de reciclaxe para recuperalo. Pero este cinco anos de permiso por puntos saldáronse cuns 107.152 condutores (só un 0.47% do total) que perderon o seu permiso de conducir. Javier, un veciño de Redondela, é un destes condutores. No seu caso considera que as sancións foron “esaxeradas”, ao retirarlle puntos por exceso de velocidade en estradas nacionais. Para recupera o carné ten que facer un curso nunha autoescola de Vigo, o que supón un grave prexuízo para el polas dificultades dos desprazamentos. De feito son moitas as queixas polo “monopolio dos cursos de recuperación de puntos”, moitos colectivos demandan que se poida facer en todas as autoescolas. Agora só 200 autoescolas de 8.000 que existen en España imparten esas clases. Segundo a DXT o 79% das sancións foron cometidas por homes, mentres que tan só o 21% foron cometidas por mulleres. Doutra banda o grupo de idade máis sancionado é o que comprende o tramo entre os 25 e os 34 anos de idade. En xeral as veciñas de Redondela comparten esta estatística, xa que entenden que os homes, sobre todo os mozos, son máis imprudentes. A infracción máis común (ou simplemente máis computada pola existencia de radares fixos) é o exceso de velocidade, que copa até un 48% das sancións. Seguida polo non uso do cinto de seguridade ou o casco (12%), alcoholemia (11%) e o uso do teléfono móbil sen un sistema de mans libres homologado (10%).  

O medo a perder puntos
Os veciños entenden que somos máis prudentes polo temor a ser sancionados.
Javier condutor sen puntos
Este veciño que perdeu todos os puntos lamenta que teña que desprazarse a Vigo para facer os cursos.
Ana condutora
As veciñas entenden que os homes sobre todo os novos son máis imprudentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará