Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chimo Bayo estrela do Entroido de verán

RR_Noticias

O disc jockey valenciano Chimo Bayo actuará en Redondela o vindeiro 20 de agosto dentro da programación do Entroido de verán que este ano recupera o seu concerto estrela. Unha cita festiva que pechará a programación das Noites Máxicas dos Viadutos que inclúe actividades para todos os públicos coa actuación mañá sábado de Luar na Lubre.

Nada máis asumir as súas responsabilidades como concelleiro de cultura, Alberto Pazos anunciaba a súa intención de incluír novidades no Entroido deste ano para intentar darlle máis pulo. E con ese obxectivo recupérase dende o Concello a celebración dun concerto que en anos anteriores estivo protagonizado por grupos como la Orquestra Mondragón ou Georgie Dann e que neste 2011 non deixará a música do DJ Chimo Bayo. Haberá ademais cambios en canto ao consumo de alcol, que só se venderá no campo da feira mentres que no resto de prazas do concello quedará prohibida a instalación de barras nas que se vendan bebidas alcohólicas. A praza da Casa da torre será o lugar elixido para que os máis pequenos gocen de actividades acordes coa celebración e máis propias a súa idade, lonxe dos “excesos” que de seguro se verán noutros lugares. Con todo, o concerto máis salientable neste mes de xullo é o que nos deixa mañá mesmo o grupo de música tradicional Luar na Lubre quen actuarán ás 22:30 horas no Campo da Feira. Esta noite a cita é na praia de Arealonga en Chapela onde actuarán as padereteiras “As cacharelas” e o grupo “Da outra margem” ás 22:00 horas.  

Alberto Pazos edil de Cultura
Este sábado actúa Luar na Lubre
Zona libre de alcol
O obxectivo é que os nenos estean nun lugar diferenciado da zona de adultos
Chimo Bayo
A música do DJ valenciano soará no entroido de verán

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará