Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela continúa á sombra de Amegrove

RR_Noticias

A fin de semana non deixou cambios nos primeiros postos da Liga Galega de Traiñeiras. Amegrove volveu facerse coas dúas bandeiras en xogo, a de Poio e a de Vigo, e o club redondelán repetiu como segundo nas dúas probas. As dúas embarcacións están a demostrar o seu bo estado de forma, moi lonxe do resto de competidores, pero cos de Porto Meloxo un paso por diante. As citas da próxima fin de semana serán en Mugardos e no Grove.

As regatas desta pasada fin de semana non deixaron sorpresas na clasificación da Liga Galega de Traiñeiras. A Bandeira Concello de Poio, disputada o sábado, e a do Concello de Vigo, celebrada onte en Coruxo, remataron na primeira e segunda praza do mesmo xeito que todas as disputadas desde que comezou a temporada. Claro dominio de Amegrove, que se fixo co triunfo, e C.R.Chapela, que desde a segunda posición é a única capaz de seguirlle o ritmo. Semella que os do Grove non teñen rival. Desde o club de Chapela recoñecen que a embarcación amarela están “un paso por diante”, pero insisten en que no que resta de Liga seguirán intentando recortar distancias. E os demais pouco teñen que facer máis que loitar polo terceiro posto, xa que a segunda posición semella coto privado dos redondeláns. A Bandeira Concello de Vigo non foi problema para Amegrove, que volveu ser protagonista onte cunha vitoria incontestable, e Chapela acadou a segunda posición, como era o agardado. O outro gran protagonista da Bandeira Concello de Vigo foi Vilaxoán, equipo que está a callar unha extraordinaria tempada. Onte ofreceron a súa mellor versión, conseguindo a terceira praza da regata e con iso recuperar o cuarto posto da xeral da liga, desbancando a Samertolameu, aínda que a igualdade entre eles é máxima (76 puntos), a só tres de Cabo dá Cruz. A Ponte de Toralla, pemirtiu a todos os espectadores gozar moi de preto da regata. A praia do Vao foi o espectacular escenario da XIX Bandeira Concello de Vigo. Os anfitrións de Coruxo alcanzaron a sexta posición, a mellor da tempada, a dez segundos foron séptimos Salgado-Perillo. As próximas citas da LGT serán o sábado as 19:00 en Mugardos e o domingo as 11:30 no Grove.  

Julio Prado vicepresidente
No Club de Chapela confían en gañar algunha Bandeira no que resta de Liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará