Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para descubrir o monte de Ventosela

RR_Noticias

A Comunidade de Montes en Mancomún de Ventosela e o Centro Social A Miñoteira organizan, en colaboración coa Cooperativa Trespés, unha serie de sesións de educación ambiental. Estas xornadas desenvolveranse durante 5 mércores consecutivos a partir do vindeiro 20 de xullo, en horario de 10:00 horas a 13:00 horas. O único requisito para participar é ter máis de seis anos.

Con esta iniciativa, a Comunidade de Montes pretende pór en valor o monte de Ventosela incidindo na formación e concienciación dos máis cativos desde unha perspectiva lúdica. As xornadas planificadas inclúen diversas saídas para descubrir os ecosistemas dos montes da parroquia. Este labor, desenvolvido por Trespés, inclúe a realización dun caderno de campo, a aprendizaxe de técnicas de observación, orientación e rexistro de especies alén de diversos xogos relacionados cos montes así como a construción de instrumentos musicais do monte ou a realización de papel reciclado. No deseño do programa tívose en conta a realidade máis próxima de Ventosela, para que os nenos e nenas poidan coñecer e gozar con maior intensidade do seu entorno e, así, concienciarse da importancia dos ecosistemas dos montes galegos. Con esta iniciativa, a Comunidade de Montes de Ventosela realiza unha importante labor social para coa parroquia entendendo o monte como un elemento transversal na vida dos seus habitantes. As prazas son limitadas e o custe de inscripción, qu se debe facer no Centro Social A MIñoteira, é de 3 euros.  

Felix Cal Montes de Ventosela
Unha actividade orientada a promover o aprecio polos montes
Paulo Jablonski Trespés
Actividades lúdicas e formativas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará