Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos celebra a IX edición da Festa da Chanfaina

RR_Noticias

As padereteiras de Ardebullo serán as pregoeiras dun cita gastronómica de exaltación da chanfaina e a carne do Suído que se celebra este domingo en Fornelos de Montes. Os organizadores esperan servir ao redor de 1.500 racións.

O concello de Fornelos celebra este domingo a IX edición da Festa da Chanfaina e carne do Suído. Como en anos anteriores o obxectivo é dar a coñecer aos visitantes os produtos gastronómicos da zona
As casetas de degustación abriranse ás doce do mediodía e os comensais poderán durante todo a xornada degustar a carne preparada á brasa por cociñeiros profesionais acompañada de patacas, filloas, torta de améndoa e viño branco do Rosal e tinto de Barrantes..
As televisivas Mucha e Nucha, máis coñecidas como “As Pandereteiras de Ardebullo”, regresarán este ano a esta localidade como pregoeiras de excepción e durante toda a xornada haberá música para amenizar aos comensais.
As estimacións dos organizadores falan de máis de 1.500 persoas que se achegarán ao recinto da festa para degustar estes pratos. Lembran ademais que para evitar calquera incidencia meteorolóxicas os comensais contarán cunha carpa baixo a cal guarecerse.
 

Cayetano Tamaño comisión de festas
Os pratos repiten prezos de anos anteriores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará