Hoxe é Mércores 25 de Novembro de 2020

A banda de música da Chapela fai canteira cun campus musical

RR_Noticias

Actividades variadas para promover o gusto pola música entre os máis cativos xa que poden participar do campus nenos e nenas a partir de tres anos de idade. A inscrición débese facer antes do sábado na sede da Asociación, nos baixos do Multiusos de Chapela ou nos teléfonos 636124635 e 687619535

A V edición do Campus musical da agrupación de Chapela desenvolverase en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas entre os días 26 e 30 de xullo. Os cativos participarán dun variado programa que inclúe xogos, excursións e obradoiros, actividades que pretenden ser un xeito divertido de achegarse á música. O ano pasado foron medio cento de rapaces os que participaron, moitos dos cales descobren neste tipo de programas o seu gusto pola música e deciden continuar na Banda de Chapela. O prezo da actividade é de cinco euros por días para os socios, 8 euros para os non socios.  

Begoña Rial banda de música de Chapela
O obxectivo é facer canteira
Desenvolver destrezas musicais
Haberá obradoiros e actividades variadas

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *