Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe financiamento para costear o Plan Marisma +

RR_Noticias

Os fondos europeos solicitados polo anterior goberno local para executar a segunda fase do Proxecto Marisma investiranse en diversas obras entre as que se inclúen o centro de interpretación da Batalla de Rande “Meirande”, un novo pavillón de deportes en Redondela, a mellora do litoral de Cesantes e un novo tramo do paseo marítimo de Chapela.

O concello de Redondela poderá financiar a segunda fase do proxecto Marisma. Todo o proxecto estaba pendente da concesión dos fondos europeos e aínda que non se contará coa totalidade dos cartos solicitados, a achega supón un 93 por cento do total, 3’1 millóns de euros. Unha cantidade procedente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) que servirá para financiar a construción do centro de interpretación da Batalla de Rande “Meirande” na antiga fábrica do Alemán por valor de 1.200.00 euros. O proxecto presentado polo ex goberno PSOE-BNG contempla que o investimento se completará cunha achega municipal de 1’4 millóns de euros, cantidade que servirá tamén para construír un novo pavillóns de deportes no concello que se empregaría tamén para albergar feiras monográficas.
Ademais de actuación puramente culturais contémplase tamén a construción dun centro de día nas instalacións do Colexio de Trasmañó, actualmente pechado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará