Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As retribucións dos membros da corporación municipal van hoxe a pleno

RR_Noticias

A proposta da alcaldía contempla un aforro dun 33’55% en gastos de persoal de confianza e remuneracións aos cargos políticos. A redución é posible ao diminuíren o número de dedicacións exclusivas -o alcalde Javier Bas será o único liberado – e eliminárense os cargos de confianza que ocupaban o secretario de medio ambiente e a persoa encargada de prensa. O pleno será hoxe luns ás 20:30 horas.

O alcalde de Redondela, Javier Bas será o único membro da Corporación en réxime de dedicación exclusiva, percibindo unha retribución bruta anual de 55.800 euros. Esa é aló menos, a proposta que hoxe se debaterá no primeiro pleno municipal do mandato que presiden os populares e onde veremos na bancada da oposición ao concelleiros de PSOE, BNG e AER.
Unha sesión onde se falará de salarios e retribucións aos membros da corporación. Dende a alcaldía a proposta que chegará ao pleno contempla unha redución no número de dedicacións exclusivas, eliminándose as que existían no anterior mandato e que afectaban as concellerías de Medio Ambiente,  Cultura e Vías e obras cuxos titulares cobraban 45.249 euros, 42.507 e 42.997 respectivamente.
Tamén se eliminan os cargos de confianza que ocupaban o secretario de medio ambiente e prensa así como a remuneración que percibía a persoa que eventualmente exercía de chófer do alcalde.
Os concelleiros do goberno cobrarán, no caso de aprobaren a proposta, 14.500 euros e asumen o compromiso de adicar un mínimo de 18 horas semanais ao seu cargo como responsables políticos.
Uns cambios que suporán un aforro de 107.181 euros para as arcas municipais, o que ven a ser unha redución dun 33’55% respecto do anterior goberno local.
Na sesión de hoxe abordaranse tamén as partidas que recibirán os edís sen responsabilidade de goberno así cómo as indemnizacións que cobrarán polos gastos ocasionados no exercicio do seu cargo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará