Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mellor sen fume

RR_Noticias

Case seis meses despois de entrar en vigor a lei antitabaco o balance da cidadanía de Redondela é positivo. Tanto os que fuman como os que non, entenden que o ambiente nos bares e cafeterías “é máis saudable” e recoñecen que se “adaptaron ben” ó cambio. Unha das consecuencias máis notables é a proliferación das terrazas por todo o municipio, onde se pode consumir tabaco. Con todo os empresarios do sector seguen a denunciar perdas pola caída na facturación.

Desde o pasado 2 de xaneiro non se pode fumar en ningún establecemento de hostalaría. Case seis meses despois, o malestar e as queixas que proliferaban nos primeiros días, transformáronse en parabéns. A día de hoxe, a maior parte da cidadanía, tanto fumadores con non fumadores, ben “positiva” a lei antitabaco. Esther non disimula a súa satisfacción pola medida, e asegura estar “encantada” , xa que antes desta norma “non se podía entrar en ningunha cafetería por mor do fume”.Aínda que nun principio xerou protestas e dúbidas, agora o balance é “favorable” para os usuarios dos establecementos de hostalaría, que aseguran estar xa “acostumados” a ter que saír a fóra dos establecementos para fumar un cigarro. É o caso de María, que asegura que “non é para tanto”, sinala que agora o ambiente nos locais “é mellor” e mesmo recoñece que nas horas de ocio nocturno “fuma menos”. Algúns veciños, como Olga, recoñecen que o cambio puido supoñer “algúns prexuízos” para os hostaleiros, pero que en xeral o conxunto da sociedade “saiu gañando”. Traballadores da hostalaría como Marcial, que é camareiro, apuntan que desde que entrou en vigor a lei notouse “un baixón” na clientela, pero recoñece que el saiu “gañando en saúde”.As queixas chegan por parte dos empresarios do sector, que denuncian “prexuízos” nos seus negocios, o que “sumado á crise” deixa un balance anual negativo. Sinala Andrés que a proliferación de terrazas “non compensa” a caída do consumo no interior dos locais. Para Severino, que rexenta varios locais, o maior problema foi “o xeito de aplicar a lei”. Denuncia que moitos establecementos fixeron “importantes inversións” para acondicionar zonas de fumadores, que meses despois “non serven para nada”.  

Esther veciña
Esta non fumadora amósase moi satisfeita coa medida.
María fumadora
Esta veciña valora positivamente a lei antitabaco.
Marcial camareiro
Este empregado da hostalaría afirma que o negocio resentiuse pero recoñece que gañou en saúde.
Severino hostaleiro
Este empresario lamenta a aplicación da lei despois de que moitos negocios fixesen grandes inversións en reformas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará