Hoxe é Xoves 8 de Decembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amegrove imponse na XXV Bandeira Concello de Redondela

RR_Noticias

Cumpríronse os prognósticos e os do Grove amosáronse intratables en augas de Arealonga, facéndose coa primeira bandeira da Liga Galega de Traiñeiras. En segunda posición quedou a embarcación de Chapela, que se confirma como alternativa ó liderado de Amegrove. A próxima fin de semana volverán medir as súas forzas en Portonovo.

A embarcación de Amegrove confirmou o seúa superioridade na estrea da Liga Galega de Traiñeiras. Adxudicouse con autoridade a primeira Bandeira Concello de Redondela, disputada en augas de Chapela. Os do Grove saíron na primeira quenda, e a primeira proba da tempada serviu para confirmar o que moitos sospeitaban: que os mecos son o rival a bater, e que os mellor posicionados para facelo son os remeiros de Chapela.
Na primeira quenda a embarcación de Mecos aguantoulle o primeiro longo ós actuais campións, pero nos tres seguintes os mexilloeiros foron descontando segundos até asinar un tempo de 19m 59s. Na terceira quenda remaba o C.R.Chapela, que se postula nas quinielas como aspirante ó título, e o barco de Fran González cumpriu co obxectivo. Os redondeláns mantiveron sempre a vantaxe con respecto a Cabo de Cruz, que remaba na mesma quenda, e tentaron achegarse o máximo posible a Amegrove. Ao final, acabaron entrando cunha diferenza de 11 segundos, pero confirmando que non llo van poñer fácil. Xa na cuarta quenda Samertolameu levou o triunfo parcial e asinou o terceiro posto, pero non sen loitar con Vilaxoán, presente tamén na última manga e que terminou por asinar un cuarto posto global. O resto das catorce embarcacións que compoñen a edición do 2011 desta liga Galega comezaron a definir tamén o seu papel. Perillo ten opcións para asentarse na segunda quenda, A Cabana subiu un chanzo con respecto á pasada temporada e Mecos sitúase na zona intermedia. Pero aínda queda moita liga por diante. Nada menos que 17 intensas xornadas de remo. A máis inmediata o próximo sábado, en Portonovo, coa I Regata Confraría de Pescadores de San Roque, e xa o domingo coa Bandeira Concello de Muros, en Esteiro.
Bandeira Deputación
Os do Grove xa se fixeran o sábado coa Bandeira Deputación de Pontevedra. Disputada tamén en augas de Arealonga, a regata era a última proba antes de comezar a liga. E Amegrove conseguiu o triunfo superando mesmo ao único representante galego na liga ACT. Cun tempo de 19.45.22, deixaron en evidencia a Tirán, segundo clasificado, que cruzou a meta en 19.51.47. E Chapela, que rematou en terceira posición, fíxoo en 20.20.66.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará