Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Pazos dirixirá Cultura e Ana María Alonso presidirá o departamento de Facenda

RR_Noticias

O alcalde de Redondela, Javier Bas continúa traballando no reparto das áreas que asumirán cada un dos concelleiros que forman parte do seu equipo. Tan só queda por delimitar quen será o futuro concelleiro de urbanismo xa que o resto dos departamentos de relevancia están practicamente asignados.

O número dous do goberno, Miguel Angel Álvarez, empresario autónomo do sector dos seguros ocupará a primeira tenencia de alcaldía mentres que o número tres da lista e anterior voceiro do grupo popular na oposición, o avogado Alberto Pazos asumirá a Concellería de cultura.
Por outra banda, o departamento municipal de Facenda será ocupado pola concelleira Ana María Alonso, licenciada en Ciencias Económicas. A concellería de Servizos Sociais quedará en mans da edil Teresa París, diplomada en Graduado Social.
Tamén está confirmado que o departamento de Vías e Obras quedará en mans de Cándido Vilaboa mentres que con total probabilidade será Herminda Quelle a encargada de Participación Cidadá.
Entre as concellerías cuxo titular aínda está por desvelar atopamos a de Urbanismo, un dos departamentos fortes do organigrama do Concello e que durante os últimos anos estivo ocupado polo socialista Emilio González Iglesias, Tamén falta pro coñecer quen será o encargado de xestionar a concellería de Medio Ambiente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará