Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama a Audasa que pague o IBI nos concello polos que atravesa

RR_Noticias

O partido nacionalista trasladouse esta petición á vicepresidenta Elena Salgado, Aseguran que no caso de Redondela o beneficio para as arcas municipais sería elevado xa que a autoestrada ocupa terreos de elevado valor catastral nas parroquias de Trasmañó e Chapela

O BNG, a través do senador Pérez Bouza, demandoulle á vicepresidenta Elena Salgado que se reclame á concesionaria Audasa que pague o IBI actualizado naqueles concellos polos que atravesa a Autoestrada.
A día de hoxe e amparada por unha Lei do ano 72, a concesionaria somentes paga o 5% deste imposto nos trinta concellos polos que atravesa a infraestructura dende Ferrol ata Tui. Actualmente quedan sen cobrar uns cinco millóns de euros en total.
No caso concreto de Redondela, o altísimo valor catastral dos terreos ocupados pola autoestrada, nomeadamente en Trasmañó e Chapela, suporían unha importante fonte de ingresos para as arcas municipais.
O senador do BNG na súa pregunta de control ao goberno, quixo saber se nos Orzamentos do 2012 vaise crear unha partida, para paliar este déficit recadatorio. Na mesma pregunta interesouse se se están a dar pasos por parte do ministerio para que se actualice a normativa e a concesionaria se poña ao día no pago de impostos, como fan o resto de cidadáns, rematando dunha vez con esta situación discriminatoria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará