Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira agarda a participación de máis de 30 equipos na súa XXXVII edición

RR_Noticias

Todo está a punto para que os amantes do fútbol sala vivan un ano máis o tradicional Mundialito da Xunqueira. A organización agarda que máis de 30 equipos participen neste torneo, nas categorías absoluta masculina e feminina e nos cadetes masculinos. Disputarase entre o 29 de xuño e o 30 de xullo, e o prazo para inscribirse remata o 27 de xuño.

Logo de 37 anos de historia esta competición deportiva de verán forma parte xa das vidas dos redondeláns. Varias xeracións veñen organizando e participando ano tras ano no Mundialito da Xunqueira, que acada sempre moito éxito tanto a nivel deportivo como de público. A súa ubicación, na pista da Xunqueira, fai deste torneo un verdadeiro escaparate para o fútbol sala, e nin maiores nin pequenos queren perder esta cita. Desde a organización Juan Manuel Nogueira, presidente do Club de Fútbol Sala Redondela, agarda superar os 30 equipos participantes, entre os que haberá conxuntos senior masculino e feminino e cadetes masculino. Un dos obxectivos é “promocionar o fútbol sala feminino”, polo que agardan incrementar o número de equipos de mozas que xa participaron no torneo de Semana Santa. Aínda que quedan varias semanas para pechar o prazo de inscripción, nas redes sociais xa están a bulir as informacións sobre o Mundialito, polo que as novas tecnoloxías están a ser de gran axuda para este evento. Desde a organización agradecen tamén a axuda das pequenas empresas, comercios e hostalaría de Redondela, xa que “sempre se prestan a colaborar” con estas actividades, polo que Nogueira asegura sentirse “un privilexiado”. O prezo da inscripción para os equipos masculinos é de 120 euros máis outros 30 de fianza; para os conxuntos femininos o prezo é de 60 euros máis 20 de fianza. As inscripcións poden facerse na Cafetería Aifos. Como cada ano a organización outorgará trofeos aos catro primeiros clasificados, ao equipo menos goleado, ao máximo goleador e ao mellor xogador, ademais do premio á deportividade.

Juan Manuel Nogueira organizador
A organización agarda a participación de máis de 30 equipos.
Colaboracións
Nogueira agradece a implicación das pequenas empresas e comercios locais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará