Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A decisión que vale unha alcaldía

RR_Noticias

Se non hai cambios de última hora, mañá sábado será investido como alcalde de Redondela Javier Bas, candidato do PP. A decisión da Agrupación de Electores de Redondela de absterse nese pleno impide un goberno de coalición de esquerdas. En xeral, os veciños e veciñas de Redondela valoran a postura de AER como un acto de “lealdade” ó que prometeron en campaña. Con todo, algúns lamentan que non apoien a investidura do candidato socialista para evitar un goberno de dereitas.

Restan poucas horas para coñecer ó que será durante os próximos catro anos o alcalde de Redondela. Ningún partido acadou a maioría absoluta, pero todo apunta que gobernará a lista máis votada, o PP. A situación débese á decisión de AER, que anunciou que se absterá na sesión de investidura, polo que se fai inviable un pacto da esquerda. Esta postura foi valorada de diferentes xeitos polos veciños e veciñas de Redondela nos micrófonos da Radio Municipal. En xeral a sociedade respecta a decisión dos independentes, xa que son “consecuentes” co que anunciaron ao longo da campaña electoral. É a opinión de Xoán, que sinala que deste xeito “son fieis” ó seu electorado. Da mesma opinión son David e Berta, que sinalan ademais que o goberno do PP, en minoría, será “mellor que un goberno con maioría absoluta”. Outra veciña, Isabel, apunta ademais que deste xeito o goberno sempre precisará de apoios na oposición para sacar adiante os proxectos, o que pode facer que o voto de AER “sexa decisivo”. Pero tamén hai veciños que critican abertamente a posición da Agrupación de Electores por favorecer un goberno conservador. É o caso de Alberto ou Victoriano, que entenden que sería “máis coherente” que apoiasen a investidura dun alcalde “de esquerdas”, aínda que logo se mantivesen á marxe do goberno e fixesen o seu papel desde a oposición.

David e Berta
Esta parella apoia a decisión de AER e entende que un goberno en minoría será positivo.
Victoriano
Este veciño lamenta a decisión de AER xa que favorece un goberno de dereitas.
Xoán
Este veciño entende que con esta decisión AER é fiel ó seu compromiso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará