Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A investidura do popular Agustín Reguera terá lugar no Concello de Soutomaior

RR_Noticias

O popular Agustín Reguera será investido como alcalde en Soutomaior nunha sesión que terá lugar ás 12:00 no salón de plenos do Concello. Unha sesión á que non asistirá Antonio Fonterosa, líder do PSOE en Soutomaior, quen decidiu renunciar a súa acta de concelleiro.

O cabeza de lista da agrupación socialista en Soutomaior renunciou onte a súa acta de concelleiro ante os malos resultados acadados nas elección de maio, logo de que o PSOE perdese un concelleiro e quedase con tan só un representante na corporación.
Fonterosa lamenta que se quedaran a tan só seis votos do segundo representante pero entende que os resultados foron peor do esperado motivo polo que tomou a decisión de renunciar a acta de concelleiro do mesmo xeito que o segundo da lista Manel Bernárdez. O seu posto na corporación ocuparao o número tres da lista, Pablo Pontanilla.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará