Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos sociais mobilizaranse co gallo do pleno de investidura

RR_Noticias

Non haberá sorpresas de última hora e o candidato popular Javier Bas será investido mañá como alcalde de Redondela nun pleno que terá lugar ás doce do mediodía no Multiusos da Xunqueira. A Plataforma contra a autovía e a Asemblea de Indignados faranse ver nese pleno.

Esta tarde o BNG explicará nun acto aberto a todos os veciños cal vai ser o voto dos dous concelleiros acadados pola formación nacionalista logo dos resultados das eleccións do pasado 22M. Unha xuntanza ás 20:30 horas na Casa da Cultura.
Unha postura que sen embargo non vai modificar o feito de que mañá será investido como alcalde o popular Javier Bas, algo que só podería evitar un acordo a tres bandas entre PSOE, BNG e AER. Un acordo desbotado logo de que o representante de Agrupación de Electores Jorge Varela “Chopi” anunciara a súa abstención no pleno de mañá.
O Multiusos podería quedarse pequeno mañá para esa sesión, xa que hai colectivos que teñen convocado protestas aproveitando a presenza dos políticos locais. Así, está confirmada que acudirán ao Auditorio membros da Plataforma cidadá contra a autovía así como integrantes da Asemblea de indignados de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará