Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha feira verde ofertará produtos ecolóxicos na Alameda

RR_Noticias

Este sábado e dentro das actividades programadas co gallo do V Festival Alternativo Millo Verde, terá lugar a celebración dunha Feira Verde, con postos de venda de productos ecolóxicos, sementes e libros.

A feira levarase a cabo na Alameda de Redondela entre as 11 e as 14 horas e está confirmada a presenza de 7 postos, aínda que a cifra podería incrementarse segundo nos explicaban dende a organización. Escoitamos a Jacobe Ojea da Horta do Cadaval, un dos produtores que estará presente na feira. O obxectivo da feira é dar a coñecer as iniciativas que se están a desenvolver no sur da provincia de Pontevedra en torno á agricultura ecolóxica así como fomentar o consumo de alimentos producidos dun xeito respectuoso co medio ambiente e sen a utilización de produtos químicos. Por este motivo, os alimentos que se vai atopar o consumidor serán frescos e de tempada como leituga, acelgas, espinacas ou froitas como ameixa e cereixas. Unha alimentación saudable que cada vez é máis demandada polo consumidor quen comeza tamén a amosar unha maior preocupación polo xeito en que se producen eses alimentos. Entre os postos que se instalarán na Alameda haberá ademais unha mesa informativa da Rede Galega de Sementes, para promocionar e facilitar o acceso a sementes de variedades locais de especies hortícolas.

Jacobe Ojea Horta do Cadaval
Un total de sete produtores teñen confirmada a súa presenza
Agricultura ecolóxica
cada vez hai máis preocupación no xeito de producir os alimentos
Rede galega de sementes
Un posto informará sobre esta asociación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará