Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha placa lembra na piscina de Chapela que a obra se realizou baixo mandato de Xaime Rei

RR_Noticias

As instalacións continúan pechadas ao público logo do fracaso do concurso da adxudicación da concesión. O aínda alcalde en funcións, Xaime Rei visitaba onte as instalacións na parroquia de Chapela e insistía en que non se trataba dunha inauguración.

Acompañado doutros concelleiros que tamén se despiden da corporación municipal, entre eles o aínda edil de urbanismo, Emilio González Iglesias, o rexedor local explicou que a placa na que se pode ler que o “complexo municipal de deportes acuáticos foi construído sendo alcalde Xaime Rei” servirá para evitar que o novo goberno se apropie da obra.
Unha placa nun centro de deportes acuáticos que continúa pechado ao público logo de que fracasara o concurso de concesión do complexo ao que só se presentara unha empresa.
De feito, o goberno entrante deberá rebaixar as pretensións recollidas nas actuais bases de adxudicación para animar as empresas a optar á xestión das instalacións logo de que a única empresa que se presentara ao concurso non se fixera co servizo por non cumprir o prego de condicións aprobado pola corporación. Unhas bases nas que se contemplaba que a empresa adxudicataria se faría cargo da concesión por un período de 40 anos pero a cambio tiña que asumir un investimento de dous millóns de euros para rematar as obras coa urbanización do espazo exterior, a construcción do “spa” e a cafetería así como a adquisición da maquinaria das instalación e do ximnasio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará