Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jorge Varela “Chopi” e Alfonso Blanco “Pochi” ocuparán alternativamente o escano de AER

RR_Noticias

Na sesión de investidura do sábado será Jorge Varela quen represente a Agrupación de electores. Logo de dous anos dimitirá para dar paso ao número dous da candidatura, Alfonso Blanco. No pleno de investidura non estará presente a socialista Laura Lago, número tres da candidatura que lidera Eduardo Reguera, quen decidiu presentar a súa dimisión por cuestións persoais.

O concelleiro acadado pola Agrupación de Electores de Redondela será ocupado durante os primeiros dous anos de mandato polo número un da lista, Jorge Varela Couñago “Chopi”. Logo de 24 meses, este edil presentará a dimisión e o seu posto será ocupado polo número dous da candidatura, Alfonso Blanco “Pochi”.
Esta era unha das incógnitas que quedaba por desvelar por parte de AER logo decoñecerse días atrás a súa decisión de absterse no pleno de investidura que se vai celebrar esta sábado ás 12 do mediodía no Multliusos da Xunqueira.
A Agrupación está a ter un protagonismo notable neste período postelectoral logo de que as eleccións do pasado 22M lles outorgara un concelleiro de especial relevancia ao converterse no encargado de desempatar o empate técnico existente entre os 10 concelleiros populares e os outros dez logrados polas forzas de esquerda – 8 polo partido socialista e 2 polo BNG.
AER estuda celebra unha asemblea aberta antes da sesión de investidura para explicar aos seus votantes e simpatizantes cal vai ser a folla de ruta da agrupación de cara aos próximos catro anos.
Baixa no PSOE
Laura Lago abandona a corporación municipal por cuestións persoais
A número tres da lista socialista e quen fora concelleira responsable de interior durante os últimos catro anos, anunciou que deixará a corporación momentaneamente por cuestións persoais. Isto fai que entre na corporación o número nove da candidatura socialista posto ocupado por Digna Rosa Rivas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará