Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nace “Andaina” unha asociación de axuda a familias con nenos con necesidades especiais

RR_Noticias

A asociación de pais e nais de persoas con necesidades especiais “Andaina” presentarase oficialmente nun acto que se vai desenvolver o xoves e que contará coa presenza do neuropediatra Oscar Blanco quen impartirá unha charla baixo o título “problemas de aprendizaxe na infancia”.

A asociación de nais e pais de persoas con necesidades especiais convida aos veciños a achegarse o día 9 ás 19:00 h. ao Multiusos da Xunqueira onde explicarán cales son os obxectivos de Andaina, unha asociación que ven de refundarse logo de varios anos inactiva. Actualmente son xa 34 socios, quen comparten preocupacións, inquedanzas e dúbidas en torno a uns fillos con necesidades específicas. O obxectivo da Asociación é ofertar aos seus membros asesoramento, achegarlles información e apoialos no día a día, pero tamén poñer en marcha programas de atención aos rapaces que contemplan actividades de estimulación temperá, logopedia, reeducación pedagóxica e outros. O fundamental é que as familias poidan atopar o apoio e os medios necesarios para o mellor desenvolvemento e adaptación  do neno. Este xoves celebran no Multiusos a presentación da asociación cun acto no que intervirá o neuropediatra Oscar Blanco quen impartirá unha charla baixo o título ” problemas de aprendizaxe na infancia”.

Fátima Alonso secretaria de Andaina
Unha asociación con obxectivos en varios frontes
Charla de Oscar Blanco
O acto de presentación será o xoves

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará