Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

250 rapaces participarán no campus Cracks 2011

RR_Noticias

Unhas actividades que se van desenvolver en Redondela do 4 ao 9 de xullo e en Arcade na primeira semana de agosto e na que se inclúen diferentes modalidades deportivas. Orientada a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos o prezo é de 50 euros por semana, 85 euros é o que deberán pagar os que se inscriban nas dúas semanas.

Os participantes ademais de mellorar as súas habilidades futbolísticas poderán tamén achegarse aos deportes acuáticos con actividades na piscina municipal e mesmo practicar kayak. De feito, a ruta en kayak pola enseada de San Simón enmarcada dentro do programa é, segundo o organizador do Campus Hector Quijeiro, unha das actividades que máis atractiva lle resulta aos participantes. O horario do campus é de 9:30 a 13:30 e ademais de ser unha boa alternativa para os rapaces nas mañás do verán serve tamén para que pais e nais organicen as vacacións dos cativos. As inscricións no campus de verán deben facerse mediante transferencia bancaria en calquera das entidades de Novacaixagalicia e Redondela ou Arcade.

Hector Quijeiro organizador do Campus
As actividades son variadas
Vacacións
Un respiro para nenos e pais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará