Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo colector evitará a saturación da rede de saneamento na Marisma

RR_Noticias

O concelleiro de Medio Ambiente en funcións, Carlos Pazos, nega rotundamente que os edificios da zona estean a verter augas fecais ao río Pexegueiro e apunta que o investimento de 89.000 euros na zona da Marisma permitirá reforzar a rede cun novo colector para evitar a saturación do sumidoiro xa existente.

Concretamente a actuación aprobada no pleno extraordinario de onte contempla a construción dun colector que servirá para reforzar o que procede da zona de Catapeixe en Cesantes e que si ten provocado algún “vertido puntual” en días de fortes precipitacións. Para evitar este feito dende Medio Ambiente estase levando a cabo unha actuación encamiñada a desviar as augas pluviais e evitar así saturación puntuais. Entende Carlos Pazos que o novo colector será tamén decisivo á hora de reforzar a rede de saneamento xa existente.

Carlos Pazos Medio Ambiente
Un colector de reforzo
Vertidos puntuais
Prodúcense en días de fortes precipitacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará