Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A asociación de afectados pola AP-9 convoca a “Operación céntimo”

RR_Noticias

Os participantes da protesta reuniranse ás 18:30 horas de mañá venres no aparcamento da Igrexa de Chapela e dende alí partirán á autoestrada para proceder a pagar a peaxe en céntimos de euro o que de seguro se traducirá nunca ralentización do tráfico que discorre por esta vía.

Con esta actuación queren denunciar unha vez máis as intención de Fomento de ampliar a AP-9 e pedir que se faga unha entrada e unha saída da autoestrada cara a Peinador á altura das Torres de Padín, para que os veciños de Chapela e Teis non teñan que desprazarse ata a rúa Buenos Aires para ir ao aeroporto ou en dirección Ourense.
Na xornada de hoxe celebrará ademais a última das concentracións con candeas sobre a autoestrada. Nesta ocasión convocan aos veciños a reunirse na ponte peonil de Pasán ás 21:30 horas onde permanecerán concentrados con candeas acesas para facer visible aos condutores que circulan pola vía os problemas dos veciños que viven preto da autoestrada e que sofren diferentes prexuizos por atoparse as súas vivendas nas inmediacións da AP-9.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará