Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno de investidura celebrarase no Multiusos

RR_Noticias

Ante a expectación xerada en torno ao pleno do vindeiro sábado día 11, onde con total probabilidade será investido alcalde o popular Javier Bas, a agrupación municipal estuda trasladar esta sesión ao Multiusos da Xunqueira para facilitar o acceso do público.

Un pleno de investidura que está a xerar a máxima expectación xa que todo apunta a que será investido como alcalde o popular Javier Bas. De feito dende o PP xa se están a dar algúns pasos de cara a formar un goberno en minoría con 10 concelleiros que se atoparán na bancada da oposición cos 8 representantes do PSOE, os 2 do BNG e o edil da Agrupación de Electores.
Precisamente os integrantes de AER son os que máis presións están a sufrir de cara a esa sesión de investidura. A súa decisión de absterse e non apoiar un goberno de coalición liderado polo socialista Eduardo Reguera está a recibir moitas críticas. Primeiro foron pintadas e agora panfletos non que se lles acusa de ser “cómplices do PP”. Na xornada de onte apareceron estes escritos nos que se fai un chamamento a acudir ao pleno o día da investidura e se critica a Agrupación de Electores por “deixar gobernar á dereita”.A sesión será o sábado 11 ás doce do mediodía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará