Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os “indignados” de Redondela crean unha mesa de debate e desbotan a acampada

RR_Noticias

Na tarde de onte reuníronse ao redor de 40 persoas convocadas nunha asemblea aberta que se celebrou ás portas do Multiusos da Xunqueira. O obxectivo era analizar e estudar posibles accións que achegaran o movemento do 15M ao centro da vila. Celebrarán unha nova xuntanza o venres ás 20:30.

A primeira das medidas adoptadas de xeito asembleario na xornada de onte consistiu en crear unha mesa de debate e un blog que teñen xa en activo no enderezo http://asembleaindignadosredondela.blogspot.com. Queren así aproveitar a capacidade de convocatoria xa demostrada polas redes sociais para manter vivo o momento así como incrementar o número de involucrados no mesmo.
A reunión que se celebraba onte contou coa presenza de 40 persoas que desbotaron a idea inicial de realizar unha acampada na Alameda seguindo o exemplo do que se está a facer noutros concellos. O venres ás 20:30 hroas celebrarán unha nova xuntanza á que convocan a todos os veciños que queiran achegarse co obxectivo de seguir a traballar en actividades conxuntas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará