Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello aproba o investimento de 87.000 euros para completar o saneamento na Marisma

RR_Noticias

A corporación municipal reunida na mañá de hoxe en pleno extraordinario acordou por unanimidade aprobar unha reestruturación no Proxecto Marisma que permitirá destinar 87.000 euros a obras de saneamento na contorna da desembocadura do río Pexegueiro.

Segundo explicou o concelleiro de Economía en funcións, Emilio González Iglesias, o acordo era necesario para reubicar os 87.000 euros procedentes de melloras realizadas noutras obras do plan Marisma e así poder investir esta cantidade no remate da rede de sumidoiro no tramo situado na contorna da feira do gando. Na sesión, que se resolveu en menos de cinco minutos, aprobouse tamén a adxudicación dos kiioskos no Paseo da Xunqueira e de varios postos no mercado.

Emilio González Iglesias concelleiro
O edil explicaba o motivo da sesión extraordinaria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará