Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As traballadoras de Jhonson Controls cobrarán 50 días por ano traballado

RR_Noticias

A multinacional, decidida a trasladar a produción a Romanía segundo aseguran os sindicatos, chegou a un acordo co comité de empresa que beneficiará aos 106 operarios pero non aos 120 que están contratados por empresas de traballo temporal. Os traballadores permitiron a saída de camións con mercancía logo do aprobar o acordo en asemblea.  

Traballadores e empresa chegaron onte a un acordo no que se establece unha indemnización de 50 días por ano traballado para as 106 operarias que forman parte do cadro de traballadores da empresa. Jhonson Controls (anteriormente Michel Thierry) pechará en breve as súas portas logo de decidir a compañía deslocalizar a produción trasladando a planta a Romanía. Logo de varias horas de negociación sindicatos e patronal acordaron tamén que ningunha empregada recibiría unha indemnización por baixo dos 2.500 euros, independentemente do tempo que levara na empresa. Ábrese ademais unha bolsa de recolocación, que os sindicatos entenden non é unha alternativa real, xa que obrigaría as interesadas a trasladarse as fábricas que a multinacional ten en Valencia, Valladolid ou Barcelona. Dende a CIG, o secretario comarcal do téxtil Luciano Villar, criticaba a falta de implicación neste conflito laboral da administración autonómica. Asegura que os responsables da Xunta en ningún momento se interesaron pola situación dos traballadores que perden o seu posto de traballo logo da decisión da empresa de trasladarse fora do país, nin tampouco achegaron información solicitaba sobre a situación real da multinacional quen asegurou que o motivo da deslocalización son as perdas que arrastra a empresa.

Luciano Villar CIG
O acordo establece indemnizacións
Evitar o peche
O obxectivo inicial era evitar a perda dos postos de traballo
Críticas a Xunta
Falta de interese da administración autonómica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará