Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondelatv xa está na rede

RR_Noticias

O novo canal de televisión local que dirixen Fernando Carreira “Cuchi” e José Angel Alén Amil arrancaba oficialmente na xornada de onte con vídeos de carácter político. Os seus contidos pódense consultar de xeito gratuíto no enderezo www.redondelatv.com

 Aproveitando o tirón dos comicios electorais e desta intensa campaña na vila, comeza a emitir a páxina web redondelatv. Os seus contidos nestes primeiros días de emisión son precisamente referencias a actos electorais: vídeos do debate organizado pola radio municipal e preguntas directas aos candidatos onde se lles plantexa cuestións como os posibles pactos electorais logo do 22M ou as súas espectativas de cara a estes comicios. Con todo, o obxectivo é incluír no futuro máis inmediato vídeos sobre actos culturais, plenos ou calquera outra actividade que marque a actualidade en Redondela. A iniciativa parte de Fernando Carreira “Cuchi” e José Angel Alén, ambos os dous procedentes de diferentes ámbitos do sector audiovisual que entende que o futuro está na rede. Ademais de contidos informativos a publicidade será tamén un piar básico deste proxecto, xa que o seu financiamento e, polo tanto, o seu futuro dependerá en gran medida da participación de empresas e locais que decidan promoverse de forma audiovisual nesta televisión.

Fernando Carreira "Cuchi" responsable de redondelatv
Xunto con José Angel Alén decidiron embarcarse neste proxecto porque entenden que o futuro está na rede
Contidos variados
Comezan cun especial eleccións pero irán ampliando os contidos en canto rematen as eleccións
Financiamento
A publicidade será a súa fonte de financiamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará