Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un futuro esperanzador para o F.S. Redondela

RR_Noticias

Rematada a temporada de Fútbol Sala na Autonómica Sur o equipo redondelán está descendido “deportivamente”, pero podería manter a categoría, ou mesmo subir a Nacional B, polos problemas económicos que atravesan outros clubs galegos. Á espera do que decida a Federación, a actual directiva aposta agora por fomentar a canteira, coa intención de recuperar as categorías inferiores.

A temporada do F.S. Redondela na Autonómica Sur estivo marcada polos altibaixos, e o descenso que os estivo ameazando ó longo de toda a competición consumouse na última xornada. Remataron antepenúltimos, pero poida que non perdan a categoría. O presidente da entidade, Juan Manuel Nogueira, explica que a complicada situación económica que atravesan moitos clubs “podería beneficiar ó F.S. Redondela”. O certo é que a Federación Galega de Fútbol Sala estuda facer unha “profunda reestruturación”, xa que son moitos os clubs que arrastran débedas “desde hai anos”, e poderían desaparecer. Con este panorama o equipo redondelán podería manter a categoría de Autonómica Sur ou mesmo ascender a Nacional B. Nogueira agarda que no mes de xuño se coñeza a decisión do organismo galego, para poder configurar así a próxima temporada. Un dos obxectivos máis inmediatos será buscar adestrador, xa que Manuel Otero non repetirá no banco, aínda que si continuará no club como xogador. Volver á canteira Un dos obxectivos da actual directiva é volver a fomentar a canteira, xa que nos últimos anos o club perdeu as categorías inferiores. Para Nogueira é “prioritario” recuperar a base do fútbol sala en Redondela, polo que farán “campañas informativas” nos colexios para animar ós máis pequenos. O presidente entende que é “fundamental” para o F.S. Redondela traballar a canteira, como se facía no pasado, e poder xogar na categoría absoluta “cun cadro 100% redondelán”. Por outra banda o club traballa tamén na creación dun equipo filial, onde contar con xogadores que poidan dar o salto ó conxunto de categoría absoluta.

Juan Manuel Nogueira presidente
A directiva confía en manter a categoría polos problemas económicos doutros clubs.
Aposta pola canteira
Nogueira entende que é "fundamental" recuperar as categorías inferiores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará