Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A nova directiva da SAR aposta pola canteira

RR_Noticias

Logo da renuncia de Luis Orge na dirección do club pola súa participación na campaña electoral, Aurelio Krook é o novo presidente da entidade deportiva. Estes días traballan no futuro do club, recentemente descendido a Segunda Nacional, e o seu obxectivo é reforzar a canteira. Pablo Muiños será o adestrador do equipo na categoría absoluta.

A SAR afronta unha nova etapa na súa longa historia deportiva. A renuncia de Luis Orge na dirección do club pola súa participación na campaña electoral, abriu a porta para que novas candidaturas se presentaran para presidir a entidade. A de Aurelio Krook, coñecido como Lito, foi a única que se presentou, e xa traballan no futuro inmediato do club. A nova directiva confórmaa xente que xa estaba no anterior equipo, como o caso do propio Lito, pero tamén xente nova. O seu obxectivo, segundo o novo presidente “é reforzar a canteira”. De feito enfróntanse á súa nova etapa na Segunda Nacional cun grupo de xogadores “moi novo”, a maioría de 19 e 20 anos de idade, todos eles redondeláns formados nas bases da SAR. Tamén é o caso do novo técnico da categoría absoluta, Pablo Muíños, ate o de agora adestrador das categorías inferiores da SAR. Para o presidente agora a meta é facer “un bo papel” na categorías, e de ser posible, chegar a disputar a fase de ascenso. En todo caso o obxectivo de volver á Primeira Nacional é un proxecto que no club propoñen “nun prazo de dous ou tres anos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará