Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta electoral prohibe as visitas guiadas á piscina de Chapela

RR_Noticias

O goberno traslada á vindeira semana as xornadas de portas abertas que se estaban a celebrar no Centro de deportes acuáticos de Chapela logo de que a Xunta electoral dera a razón ao PP, quen denunciara esta actividade por entender que podía interpretarse como un acto electoralistas nos últimos días de campaña.

O alcalde de Redondela Xaime Rei acatou onte a orde da Xunta electoral que prohibía a celebración das xornadas de portas abertas que dende o pasado luns se estaban a celebrar nas instalacións do novo Centro de deportes acuáticos de Chapela. Uns percorridos guiados que estqaba previsto se repetisen hoxe pero que finalmente foron pospostos e será o luns e martes da vindeira semana, despois dos comicios municipais, cando se retome esta actividade que segundo afirma o rexedor local non eran un acto de propaganda electoral dado que ningún representante político acudiu a realizar as visitas. Rei asegura que estas xornadas tiñan como único obxecto que os veciños contemplasen o resultado das obras.
Unha opinión que non comparte a Xunta Electoral quen deu a razón á denuncia presentada polo PP e prohibiu a celebración destes percorridos ata despois das eleccións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará